WELL DONE, EVERYBODY!
Hello boys and girls! Hello, families!
Gustaríame agradecervos a todos e a todas o grande traballo que estades a facer. Entendo o esforzo que vos supón facer todas as actividades e cada vez que recibo algún dos vosos traballos sinto moita alegría, porque é un pouco parecido a saudarnos polos pasillos do cole ou vernos a caras despois de tanto tempo!
Nos vos sintades mal se non conseguides facer ben algún exercicio ou se non entendedes, xa que facer as cousas sós ou soas non é o mesmo que facelas coa profe ao lado.
Neste blogue, gustaríame que vos divirtarades, así que podedes ir facendo as cousas pouquiño a pouco. O que queira, pode deixar preguntas nos comentarios aquí embaixo, ou ben no meu correo.
NON vos desanimedes!!
Unha aperta forte!